← Volver a buscar
GALICIA· GAL:826270
Obra de HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DO SINEIRO Fase 2 necesaria para continuar ca humanización do barrio residencial de O Sineiro nas rúas Estremadura, Valencia e Rioxa, reordenando os espazos viarios con criterios de mellora da seguridade, a mobilidade e a accesibilidade peonil, creando espazos de calidade, para as persoas. A transformación e posta en valor deste espazo público non só busca mellorar as infraestruturas urbanas e a humanización do entorno de O Sineiro, senón que tamén ten como obxectivo fundamental mellorar a interacción social, fomentar a mobilidade sostible e promover o benestar da comunidade. Este tipo de proxectos fundamentase na necesidade de crear lugares que antepoñan ás persoas sobre os vehículos, facilitando así un uso máis equitativo e accesible do espazo urbano.
Organismo
Concello de O Grove
Estado
formalizadaImporte licitación
717.494,95 €
Importe adjudicación
—
Fecha publicación
2025-09-09